‘Sons de Outono’: Concerto de Froján en Pontevedra

sáb07dec12:00‘Sons de Outono’: Concerto de Froján en PontevedraSeminario Permanente de Jazz de Pontevedra12:00 Praza da Peregrina - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro do ciclo ‘Sons de Outono’, organizado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, o sábado 7 de decembro ás 12:00 horas, o grupo Froján ofrecerá un concerto na Praza da Peregrina, ou no palco da música da Alameda se chove.

Froján é poesía autodestructiva en equilibrio coa forza do rock alternativo. Unha banda nova con ganas de facer sentir aos seus oíntes as historias de vida que albergan as súas cancións. Asentados na cidade de Pontevedra, acaban de publicar o seu segundo disco, ‘Reflexos’, producido por Kolibrí Díaz (guitarrista de Marea) nos ‘Estudos R5’ (Iruña).

Ademais do especial coidado posto nas letras, con influencias da poesía de Kutxi Romero ou Robe Iniesta, conseguen crear un estilo propio fusionando detalles barrocos e clásicos co son das bandas de referencia do rock estatal.

  • Miguel Froján: voz e guitarra
  • Robert Beade: guitarra
  • Sergi Outeiral: baixo eléctrico
  • Óscar Mourelos: batería


Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Praza da Peregrina

Está pasando!