Mosteiro de San Xoán | © Concello de Poio

This is a repeating event

Festas da Merced 2024 en Poio

mar24setConsultarFestas da Merced 2024 en Poio23 e 24 de setembro de 2024(Consultar: martes) Mosteiro de Poio - Poio

Detalles do Evento

As Festas da Merced, que se celebran o luns e martes, 23 e 24 de setembro, inclúen a peregrinación nocturna e traen a San Xoán a actuación das orquestras Miramar e Marbella na Praza do Mosteiro. Representantes da Orden Tercera de la Merced, que organizan a festa, presentaron a programación completa, acompañados polos edís de Festexos e de Cultura do Concello de Poio, Fran Dasilva Natalia Sabarís.

As tradicionais peregrinacións nocturnas, que se recuperaron o ano pasado e que nesta edición volven incluírse na programación, sairán ás 22.00 horas desde o adro de San Salvador, da capela Virxe de Fátima de Campelo e desde a Igrexa San Roque de Combarro, para confluir as tres procesións no último treito do camiño e percorrer conxuntamente o traxecto ata o Mosteiro de Poio. Tras a misa de medianoite, cantada pola coral San Xoán de Poio, comezará na Praza do Mosteiro a gran queimada e repartirase chocolate e rosca entre os asistentes. A música correrá a cargo da orquestra Miramar.


Presentación das Festas da Merced 2024 | © Concello de Poio

Xa o martes 24, festivo local e día grande da festa, a xornada arrancará con dianas e alboradas cos grupos Vides Novas Escola de Música Tradicional de Poio. Ás 12.00 horas celebrarase a tradicional Misa da Vendimia, cantada pola coral de Combarro, e xa pola tarde, ás 19.00 horas, o Mosteiro de San Xoán acollerá a misa con procesión na honra da patroa. Participarán a Banda de Música de Marín e o coro Virxe de Fátima de Campelo. Pola noite, desde as 21.00 horas, a festa despedirase coa música da orquestra Marbella.

Fran Dasilva agradeceu o traballo das Mercedarias e puxo en valor o labor desinteresada das comisións de festas e colectivos locais para manter e potenciar as festas do municipio.


Hora

Consultar (Martes)

Localización

Mosteiro de Poio

Rúa Convento, s/n, 36995 Poio

Está pasando!