This is a repeating event

Pontesán, V Feira da Saúde e Benestar en Pontevedra

ven27setConsultarPontesán, V Feira da Saúde e Benestar en Pontevedra'Educación en Saúde'(Consultar: venres) Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

Medio cento de asociacións socio-sanitarias, clubs deportivos, profesionais e entidades sen ánimo de lucro e administracións participarán na nova edición de Pontesán, a Feira de Saúde e Benestar, que se celebrará en Pontevedra os próximos días 27 e 28 de setembro.

O Concello de Pontevedra lidera o xa consolidado como maior evento socio-sanitario de Galicia, para o que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Consellería de Sanidade.

V Feira da Saúde e Benestar -organizada pola Concellería de Benestar Social da man do CEDDDGalicia- porá o foco nos dereitos e obrigas dos doentes, así como na aposta pola educación en saúde, dúas temáticas que implican, e en ocasións enfrontan, ao mundo asociativo e sanitario.

Unhas temáticas centrais que non perderán de vista os obxectivos que guían a Pontesán: sensibilizar sobre a importancia da saúde e o benestar; visibilizar as distintas discapacidades/ diversidades e os retos aos que teñen por diante,: promover o deporte e os hábitos saudables e reivindicar a equidade social e unha inclusión real.


Presentación de Pontesán 2024 | © Concello de Pontevedra

A concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías e a presidenta de CEDDD-Galicia, María Jesús Monterde, presentaron a nova edición de Pontesan, acompañadas polo director da feira, Víctor Regueira e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez. Anabel Gulías sinalou a satisfacción do Concello de Pontevedra por presentar xa a quinta edición de Pontesan. “Estamos moi contentas porque Pontesán é un espazo de comunicación e de posta en común de todo o traballo que fan as asociacións do ámbito socio-sanitario en Pontevedra e Galicia, e unha moi boa oportunidade de achegarse a elas” indicou a responsable municipal da área de Benestar Social.

E ademais, engadiu: “Pontesán é visibilización e reivindicación do necesario que é ter e coidar o noso ben más prezado: un sistema sanitario forte e público, de calidade, un sistema equitativo, equilibrado e que de conta, ou intente dar conta, de todas as doenzas que podemos ter na sociedade” .

Afondando nesta idea, a concelleira Anabel Gulías subliñou o acaído da aposta de Pontesán de pór o foco sobre os dereitos dos pacientes. Para acadar este obxectivo subliñou: “É importantísimo facer fincapé nos dereitos e obrigas que temos como doentes, pois para construír un sistema socio-sanitario público forte e de calidade é necesario que sexamos doentes comprometidas e exixentes ademais de coidadosas e colaboradoras da sanidade de todas e todos”.

Tamén a presidenta da CEDDD-Galicia, María Jesús Monterde, quixo pór en valor a sanidade pública e o papel que xogan as asociacións socios-sanitarios na educació en saúde, en moitos casos, unha tarefa que ten estar dirixida polas administracións públicas. “É moi importante que vaiamos todos xuntos, e neste eido Pontesán é un referente en Pontevedra, en Galicia e xa no ámbito nacional”.



Unha feira cun amplo programa de actividades

Un amplo programa de actividades lúdico-formativas, oratorias e debates, presentación de libros e actividades físicas e deportivas complementará a feira Pentesán, na que os distintos colectivos e entidades darán a coñecer o seu traballo, recursos e servizos.

Catro espazos acollerán as distintas propostas de Pontesán. O epicentro estará na praza de España onde se poderá visitar a feira, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Á beira , nos xardíns da Alameda instalarase a carpa multiusos na que se realizarán actividades lúdico-formativas como os obradoiros O mapa da coidados ou Ximnasia para o cerebro ou mesmo unha exhibición de danza. Aquí celebrarase tamén a mesa redonda- debate sobre Dereitos e Deberes (sábado, 23 ás 11.30 horas) na que participarán representantes de asociacións sociosanitarias e responsables do Servizo de Atención ao paciente do Sergas. Tamén acollerá unha zona de Biblioteca, amadriñada pola escritora Fina Casalderrey, que acubillrá a presentación de varios libros.

As oratorias de Pontesan desenvolveranse no CITA (Centro de Interpretación dás Torres Arcebispais). Abordará distintas temáticas relacionadas coa saúde e os Dereitos e deberes dos pacientes serán analizados por Jorge Cameselle Teijeriro, director do equipo de investigación oncolóxica-Adicam, Na palestra temas como: Adiccións dixitais e redes sociais, A importancia do soño; Os dereitos dos enfermos ao final da vida ou a Atención á diversidade.

Por outra banda, na avenida Montero Ríos convidarase a nenos e maiores a participar nas propostas de actividade física e de deporte adaptado no marco da aposta polo deporte como camiño de inclusión e equidade. A maiores, no eido deportivo organizaranse dúas andainas (unha nocturna e unha diúrna) e unha xornada co Dragon Boat.

Por último, durante as xornadas Pontesán instalarase unha unidade de doazón de sangue nas proximidades co seguinte horario: venres 27, de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00. E o sábado 28 , de 10.00 a 15.00 horas.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!