This is a repeating event

Festas de San Xoán 2025 en Poio

dom22xuñConsultarFestas de San Xoán 2025 en PoioDo 22 ao 27 de xuño de 2025(Consultar: domingo)

Detalles do Evento

Concello de Poio presenta unhas Festas de San Xoán 2025 que se celebrarán entre o domingo 22 e o venres 27 de xuño. Unha edición que aposta firmemente por poñer en valor a veciñas e veciños que, de forma directa ou indirecta, contribúen a manter viva a identidade e a memoria colectiva do pobo.

As festas arrancarán co pregón que Pilar Martínez Soto ofrecerá este domingo ás 21:00 horas na casa consistorial. Natural do Sartal, representa unha figura moi querida e vencellada á vida cultural, social e educativa do municipio. Para Pilar, San Xoán significa música, diversión, gaiteiros, comidas especiais e fogueiras.

A programación das Festas de San Xoán 2005 é a seguinte:

DOMINGO 22 XUÑO

  • 10:00 h: Alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais: Escola de Música Tradicional de Poio e Vides Novas.
  • 12:45 h: Concerto da Escola de Música de Poio na Praza do Mosteiro.
  • 20:00 h: Pasarrúas con Máis Cantos desde a rúa Fernández de la Mora ata a Praza do Mosteiro con animación musical.
  • 21:00 h: Pregón de San Xoán desde a Casa Consistorial:

    • Entrega dos premios do concurso de carteis de San Xoán e recoñecemento aos Deportistas da tempada 2024-2025
    • Lectura do pregón a cargo de PILAR MARTÍNEZ SOTO
    • Actuación musical do GRUPO AZABACHE
    • Degustación de rosca e viño

LUNS 23 XUÑO

  • 10:00 h: Alboradas nas parroquias a cargo de agrupacións folclóricas locais: Escola de Música Tradicional de Poio e Vides Novas.
  • 18:00 h: Recollida de herbas de San Xoán con música das Pandereteiras do Ronsel (Local Social do Sartal). Organiza A.C. Ronsel.
  • 21.30 h: Sardiñada popular na Seca.
  • 22.30 h: Gran verbena amenizada por RITMO JOVEN na Seca.
  • 23.30 h: Espectáculo de lume e prendido da fogueira na Seca.

MARTES 24 XUÑO

  • 10:00 h: Alboradas nas parroquias a cargo da agrupación folclórica Escola de Música Tradicional de Poio.
  • 11:30 h: Baixada de San Martiño acompañado pola agrupación folclórica Vides Novas.
  • 12:00 h: Misa solemne na honra de San Xoán Bautista, coa actuación da Coral de Poio.
  • 13:00 h: Concerto da Banda de Música de Marín na Praza do Mosteiro.
  • 22:00 h: Gran verbena amenizada polas orquestras MIRAMAR e LA OCABAND na Seca.

MÉRCORES 25 XUÑO

  • 10:00 h: Alboradas nas parroquias a cargo da agrupación folclérica Escola de Música Tradicional de Poio.
  • 12:00 h: Misa solemne na honra de Santa Trahamunda, coa actuación da Coral Virxe de Fátima.
  • 13:00 h: Subida a San Martiño, acompañado polo agrupación folclórica Vides Novas.
  • 13:00 h: Concerto da Banda de Música Cultural de Arcade na Praza do Mosteiro.
  • 21:00 h: Concerto da Escola de Acordeóns de Campelo no Pereiro.
  • 22:00 h: Gran verbena amenizada polas orquestras OS SATÉLITES e PARÍS DE NOIA na Seca.

XOVES 26 XUÑO

  • 12:00 h: Misa solemne na honra de San Fructuoso, coa actuación da Coral Virxe da Renda.
  • 13:00 h: Concerto da Banda de Música Nova Lira de Moraña na Praza do Mosteiro.
  • 21:00 h: Concerto da Escola de Acordeóns de Campelo en Vilariño.
  • 22:00 h: Gran verbena amenizada polas orquestras CAPITOL e MARBELLA na Seca.
  • 23:59 h: Fogos de lucería na Seca.

VENRES 27 XUÑO

  • 18:00 h: Festa infantil na Seca con inchables, escuma e animación musical con Javi Solla.
  • 20:00 h: Festival Fin de curso da Escola de Acordeóns de Campelo no Centro Cultural Xaime llla Couto de Raxó. Entrada solidaria (1 kg de alimentos non perecedeiros).

MÁIS ACTIVIDADES

  • Sábado 21 de xuño ás 20:30 h / Certame de corais no Mosteiro de Poio. Coa participación da Coral de Poio, Coral de Soutomaior e Lestonnac-Coro de Cela.
  • Do 20 de xuño ao 13 de xullo, de 09:00 a 14:00 h/ Exposición de arte en pedra na Escola de Cantería de Galicia, Poio. “O MILIARIO DAS ARXINAS” Traballos fin de curso do alumnado do CIFP de Cantería.

A programación completa e actualizada das Festas de San Xoán pódese consultar en concellopoio.gal

Hora

Consultar (Domingo)

Está pasando!