This is a repeating event

Festas de Santa Rita 2025 en Vilagarcía

ven23maiConsultarFestas de Santa Rita 2025 en VilagarcíaDo 21 ao 25 de maio de 2025(Consultar: venres) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

As festas de Santa Rita comezan o mércores 21 coa inauguración da Feira Celta ás 18:00h. O mercado abrirá todos os días pola mañá (a partir das 11:00h) e pola tarde (ata as 23:00h), ata o domingo.

A nivel musical, a partir das 20:00 o grupo de gaitas Brisas do Río Ulla ambientará as rúas da vila, mentes que ás 22:30 horas comezará a actuación da orquestra Panorama en Fexdega. A apertura de portas será ás 21:00 horas, cun control de acceso para evitar a entrada con recipientes de vidro.

Dende o Concello de Vilagarcía recordan que moi preto se atopa a Finca Douro, cunhas 500 prazas de aparcamento gratuíto.

A procesión é o xoves 22. Comezará ás 20:00 horas con saída dende o convento de Vista Alegre, e a continuación pola rúa Castelao, praza de Galicia, Valentín Viqueira, Romero Ortiz, Francisco Fontán, Rey Daviña e de novo por Praza Galicia ata completar o percorrido. A partir das 21:30 horas, a orquestra Los Satélites amenizará a noite dende a Avenida da Mariña.

venres 23 a festa continúa, con Malveiras e A Nosa Señora da Xunqueira percorrendo as rúas a partir das 12:30 horas e das 20:00h, respectivamente. A maiores, o Salón García acolle a actuación do Orfeón de Voces Graves Arousa. A partir das 22:30h, a orquestra Marbella actuará na Mariña.

SÁBADO, THE RAPANTS

A música ten moito protagonismo durante toda a programación, sendo o sábado 24 un dos días máis importantes. O grupo de gaitas Mocedade da Torre 83 tomará as rúas ao mediodía, pasando o relevo a Airiños do Carril a partir das 20:00h. No marco do ‘Son da Casa’, o parque da Xunqueira acollerá a actuación de Ksais, a partir das 21.30h.

O prato forte da xornada será ás 23:00 horas, coa actuación do grupo do momento na escena galega, The Rapants. Posteriormente, haberá unha pinchada na Alameda da man do Dj Óscar, tamén de Vilagarcía.

The Rapants | © Andrea Freckleseye

A festa non remata ata o domingo 25. De novo, haberá pasarrúas pola mañá e pola tarde, con Sta Plácida de Rubiáns e A Queimada. Ademais, a Banda de Música de Vilagarcía fará “unha sesión vermú” ás 13:00 en García Caamaño.

Pola tarde, a partir das 17:00h, Valentín Viqueira acollerá o ‘Festivaliño On the Road 2025’, que achega o cine aos máis pequenos. Proxectaranse as mellores curtametraxes nacionais e internacionais para idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

A faceta deportiva tamén é moi importante na programación das festas. A maioría dos eventos serán o sábado 24, coa primeira proba do Campionato Galego de Pesca Submarina, que se estenderá ao domingo.

Tamén terá lugar a III Regata de Santa Rita, a partir das 11:00h; o IV Torneo Santa Rita de Rugby 7, organizado polo Club Os Ingleses en Fontecarmoa durante mañá e tarde; e a competición de minibalonmán na praza da II República.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!