Eoghanxo Unit | © Ramón Yoshimura

Festival 50 Aniversario de Os Chaneiros en Marín

sáb14set19:00Festival 50 Aniversario de Os Chaneiros en Marínconcerto de Eoghanxo Unit19:00 Colexio San Narciso - Marín

Detalles do Evento

O sábado 14 de setembro, con motivo do 50 Aniversario de Os Chaneiros, realizarase unha gala no Auditorio do Colexio SEI San Narciso de Marín ás 19:00 horas.

A gala consistirá nun reencontro de exmembros da asociación, que nos deleitarán cun par de pezas por xeración e que culminará co espectacular concerto de Eoghanxo Unit, o novo proxecto musical de Anxo Lorenzo e Eoghan Neff.

A entrada será de balde para tódolos asistentes ata completar aforo.

O finalizar ó concerto, os exmembros da asociación artístico-cultural marinense poderán compartir lembranzas e porse o día cunha cea foliada, para que a festa continúe. Selo inconfundible de Os Chaneiros.



EOGHANXO UNIT

Un dos sons máis recoñecibles do panorama folk internacional dos últimos 15 anos, a unión icónica gaita/violín Anxo Lorenzo Eoghan Neff alcanza novos horizontes na innovación e o virtuosismo.

Ao novo proxecto Eoghanxo Unit únense dous grandes artistas da música fusión galega Jorge Juncal (Wöyza & The Galician Messengers, Faltriqueira) e José Stewart (Sonus de Gaia, The Great Game) con sintetizadores e batería.

Neste “bálsamo para os oídos que ansían sabores novos” (Irish Music Magazine) Eoghan ampla as súas celebradas “demoníacas e cegadoras” (IOM TODAY) capacidades instrumentais como “violinista extremo” (Folk World) incorporando obxectos preparados, curiosidades motorizadas e unha “excepcional mestría do looping en directo” (Folk Radio UK) e “o incrible Anxo” (Fatea magazine) aumenta a súa “combinación de auténtica velocidade e desenfreada imaxinación difíciles de crer” (Geoff Wallies at the Music Review).

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Colexio San Narciso

Chan do Monte, 27 - 36900 Marín

Está pasando!