Fran Sieira presenta 'Ceibe' en Vilagarcía

ven26abr20:00Fran Sieira presenta 'Ceibe' en VilagarcíaREDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS (AGADIC)20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A compañía Urdime regresa a Vilagarcía o venres 26 de abril para representar ‘Ceibe’, unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira dirixida polo bailarín Sergio R. Suárez, na que se revisan as categorías de xénero e os estereotipos impostos socialmente na manifestación cultural que é o baile tradicional.

O espectáculo, programado dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, porá en escena a oito bailaríns e bailadoras e contará coa música de Xisco Feijoó e Carlos Quintá.

‘Ceibe’ traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotidianidade, incluindo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara as marxes e desde ahí plantexar e construir novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona, por tanto, as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

Entradas anticipadas á venda desde 5 euros en Ataquilla.com e, de non esgotarse, na billeteira do Auditorio a partir das 18:00 horas.

Como nos convenios anteriores, os billetes para as funcións programadas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios teñen un prezo reducido de 5 euros, ofertando o Concello de Vilagarcía bonificacións especiais para xóvenes, persoas maiores e desempregados. As persoas pertencentes a estes colectivos deberán acreditar a súa condición presentando o Carné Xove, a tarxeta de desempregado e DNI, segundo proceda, para poder optar á entrada a 3 euros.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!