Gala benéfica XX Aniversario de Afapo en Pontevedra

ven05abr20:00Gala benéfica XX Aniversario de Afapo en Pontevedraconcerto do grupo pontevedrés Black Stones20:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Con motivo do XX Aniversario de Afapo (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias da provincia de Pontevedra), o próximo venres 5 de abril ás 20:00 horas o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra acollerá a Gala benéfica que se desenvolverá en dúas partes.

Na primeira, presentarase a Asociación desde os seus comezos ata a data facendo un repaso destes anos de historia dos fitos máis importantes así como a presentación das nosas actividades.

A segunda parte será o concerto do grupo pontevedrés Black Stones creado no ano 1969. Está formado por Toño, Santi, Tino, Jaime, Armando e Ernesto. A súa música baséase nos clásicos dos anos 60 e 70, eminentemente vocais e dos que teñen numerosas versións, ademais de dous discos.

Entradas anticipadas á venda dende 5 euros en Ataquilla.com


Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!