‘Guerra’ | Teatro do Noroeste

‘Guerra’ de Teatro do Noroeste en Pontevedra

xov26feb21:00‘Guerra’ de Teatro do Noroeste en Pontevedra ciclo Ponteatro 202621:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 26 de febreiro, Teatro do Noroeste levantará o pano dunha nova edición do ciclo Ponteatro coa posta en escena da obra ‘Guerra’.

A guerra é a expresión cruel do fracaso total, por iso nunca é unha solución, senón o máis grande dos erros. Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer os personaxes do teatro universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices.

As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.

Autoría e dirección: Eduardo Alonso.

Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez.

Duración: 100 min.

PONTEATRO

O Concello de Pontevedra presenta unha nova tempada do ciclo Ponteatro que contará con 4 espectáculos entre o 26 de febreiro e o 26 de marzo, os xoves ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

O cartel está deseñado por Ovo Publicidade e inspirado coma sempre desde hai uns anos, nunha obra de pintura clásica. (“Figura alada” de Abboult Handerson Thayer -1889. Colección Art Institute Chicago).

Teatro do Noroeste, Morraoconto, CDG e Mariña Lestón e Producións Teatrais Excéntricas serán as compañías encargadas de emocionar ao público nesta nova tempada de teatro. Entre outras temáticas, os espectáculos seleccionados abordarán a guerra, a beleza, a perda, os naufraxios da Costa da Morte e o humor.

Os abonos a un prezo de 20 euros e as entradas individuais a 8 euros (4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65) están á venda en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!