Hora do conto 'Especial Camelia' en Soutomaior

ven27feb18:00ven19:30Hora do conto 'Especial Camelia' en SoutomaiorActividades COMPLEMENTARIAS DO XXIV Certame da Camelia18:00 - 19:30 Biblioteca Pública Municipal Luís Seoane - Soutomaior

Detalles do Evento

A XXIV edición do Certame da Camelia do Concello de Soutomaior celebrarase os días 28 de febreiro e 1 de marzo, na Caso do Pobo de Moreira.

Unha cita que seguirá sendo un punto de referencia para que as persoas cultivadoras e afeccionadas participen na exhibición das composicións de camelias. Unha cita destinada tamén para todas aquelas persoas que simplemente senten curiosidade ou son fans desta marabillosa flor que tanto simboliza e evoluciona coa paso do tempo e que quere estar presente unha vez máis neste Certame para visitar os postos expositores nos que se presentan tantas novidades cultivadas nas terras galegas.

Inclúese como actividade principal a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolverá este ano na Casa do Pobo de Moreira, nos centros educativos e nos escaparates do comercio e hostalería local e as actividades complementarias que destacan o valor que a Camelia ten a nivel artístico-cultural, a nivel social como símbolo do movemento feminista e sufraxista, a nivel benestar-saúde e a nivel de promoción económica para facer deste Certame un evento diverso, creativo, enriquecedor, participativo e motivador.

Accións incluídas neste Certame da Camelia 2026

Exposición de flores e composicións de Camelia que se realizarán nos centros educativos do municipio, nos escaparates dos comercios e establecementos e na Casa do Pobo de Moreira, actividades complementarias de dinamización entre as que destacamos a realización o obradoiro de deseño de camisetas e técnica da estampación “A camelia está de moda”, a actividade de relaxación con aceite de Camelia, o obradoiro de “chapas customizadas” ou o concerto do trío 3.COM.

Ao certame poderán concorrer todas as persoas, profesionais ou afeccionadas, nacionais ou estranxeiras, físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa inscrición segundo estas bases e que se atopen na situación que motiva a concesión destes premios do XXIV Certame da Camelia, e cumpran os seguintes requisitos: presentar unha composición de flores de calquera especie e variedade de Camelia, así como calquera dos seus híbridos. Poden consultar as bases e inscricións en soutomaior.gal/actividades/

No caso de presentarse menores de idade ao Certame, a título particular, deberán contar coa autorización dun representante legal, e achegar a autorización xunto coa solicitude. Os centros educativos non teñen que presentar autorizacións de menores. Participa o centro educativo como tal.

Un Certame que contará con premios económicos en todas as categorías, (centros educativos, comercio e hostalería e a exposición na casa do Pobo de Moreira) e que tamén contará co Premio especial ‘Lelita Gradín’, como novidade este ano tamén haberá un Premio ás Asociacións Locais pola súa implicación neste certame. Outro dos premios que tamén se outorgarán nesta XXIV edición é o Premio á Inclusividade.

O prazo de inscrición para participar no Certame comeza mañá, martes 3 de febreiro, e remata o venres 20 de febreiro ás 14:00 horas. As inscricións este ano serán en liña entrando en soutomaior.gal/actividades/

As datas principais do XXIV Certame da Camelia serán os días 28 de febreiro e 1 de marzo deste 2026. Aínda que os días 23 e 27 de febreiro a Biblioteca Luís Seoane tamén acollerá unha edición especial da “Hora do Conto” centrada na Camelia e un obradoiro – mural expositivo de “Literatura e Camelias”.

Hora

(Venres) 18:00 - 19:30

Localización

Biblioteca Pública Municipal Luís Seoane

Rúa Illas Alvedosas, 3 - 36690 Soutomaior

Está pasando!