This is a repeating event

I Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior

dom01xuñConsultarI Encontro do Viño Colleiteiro de SoutomaiorCampo da Festa de San Benito de Romariz(Consultar: domingo) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

O I Encontro do Viño Colleiteiro de Soutomaior terá lugar o 31 de maio e o 1 de xuño no Campo da Festa de San Benito de Romariz.

O principal obxectivo deste encontro é, da man dos colleiteiros e das colleiteiras de Soutomaior, poñer no lugar que se merece unha tradición como é a tradición de colleiteiros e viticultura de Soutomaior.

Un encontro no que participarán: o Furancho Linchú (Vela), Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega do músico (O Sobral), María Sobral (Romariz), Albariño da Baralla (O Val), A casa de Lisa (O Sobral), Irmáns Lorenzo (O Sobral), Furancho O Maroco (Alxán), Veigha do Meirolas (O Rial) e Aires do Verdugo (O Rial).

PROGRAMACIÓN

Este encontro do viño colleiteiro contará cos dous días de celebración. O sábado, 31 de maio, as casetas abriranse de 12:00 a 22:30h. Haberá espazo gastro-bar en horario de 13:00 a 16:00h e de 20:00 a 22:30h neste espazo haberá polbo, churrasco e ostras e servizo de bar con refrescos.

Ao longo da xornada haberá moitas actividades entre elas a actuación musical do grupo Algo Pasa con Mary o sábado ás 13:00h.

Xa pola tarde ás 19:00h. terá lugar a mesa coloquio ‘Soutomaior terra de viño’, onde Manu Lourenzo dará a benvida institucional e contará coa participación de Elisa Martínez Varela, colleiteira de Soutomaior; Dominique Roujou de Boubée, asesor en viticultura e enoloxía desde a empresa Terroir en Botella, colaborador con bodegas de Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Priorat, Valencia, traballou en Baleares, Ribera del Duero, Extremadura, Cataluña e Betanzos e leva máis de 30 vendimas en este sector e de Juanjo Figueroa, Presidente Asociación galega de Sumilleres AGASU.

Ás 20:00h terá lugar a cata a cegas realizada polo Xurado da distinción ‘Colleiteir@s distinguid@s, Soutomaior 2025’ e ás 20:30h. chegará o directo de Desconcerto.

Xa na xornada do domingo as casetas permanecerán abertas en horario de 12:00 a 16:00h. O espazo gastro – bar de 13:00 a 16:00h.

Ás 13:30h. terá lugar o peche e a entrega de diplomas e distinción oficial ‘Colleiteir@s distinguid@s, Soutomaior 2025’.

Dende o concello convidan a todas e a todos a desfrutar deste I Encontro do viño colleiteiro. Manu Lourenzo ten claro que “será o primeiro de moitos”.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!