'Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao' en Pontevedra

ven27feb20:30'Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao' en PontevedraTEMPADA DE ABONOS DE TEATRO EN PONTEVEDRA20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

En ‘Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao’, Chévere utiliza como fío condutor a historia do coñecido cadro de Castelao ‘A derradeira lección do mestre’ para abordar temas como a memoria da emigración e do exilio na Arxentina.

«Esta é unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre boa memoria e boa democracia e sobre os traumas que provocan alteracións da memoria persoal e colectiva»

Unha muller entra en escena e conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír dun acto que o goberno organizou na Cidade da Cultura para recibir o cadro de Castelao titulado ‘A derradeira leición do mestre’.

Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Para iso ten que reconstruír todo o que esqueceu. Empeza elaborando un test de memoria que lles envía a outras persoas que estiveron no acto. Quere saber por que estaba alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa.

XRon dirixe o elenco formado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Gema Santos e Marcos Pereira.

Este espectáculo forma parte da Tempada de Abonos de Teatro en Pontevedra no primeiro semestre do 2026.

Entradas anticipadas á venda dende 14,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!