II Certame de Pintura Otero Baena en Bueu

mér30abrConsultarven30maiII Certame de Pintura Otero Baena en BueuConcello de Bueu(Consultar) Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O Concello de Bueu abre o prazo do II Certame de Pintura Otero Baena para artistas noveis, co que se pretende contribuír a promover a creación artística ao tempo que se dá a coñecer a figura do artista local José Benito Otero Baena.

O certame vai dirixido a todos/as aqueles/as artistas noveis, maiores de 18 anos, cuxa obra presentada terá que ser inédita e orixinal. A temática será de libre elección e admitirase calquera técnica de pintura, cunha medida máxima do soporte de 1 m de ancho por 1 m de alto, podendo presentar os seus traballos as persoas de forma individual ou colectiva.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de maio. As persoas seleccionadas poderán participar nunha exposición que acollerá a Sala Amalia Domínguez Búa, do 15 ao 31 de xullo, e nesa franxa tamén se organizará a gala de entrega do premio á persoa que resulte gañadora dun premio dotado con 1.500 euros.

Segundo establecen as bases, o premio contará cun xurado de importante nivel. Serán unha persoa dunha fundación artística, do Museo Massó, da Facultade de Belas Artes, un artista e un galerista.

Hora

Abril 30 (Mércores) - Maio 30 (Venres)

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!