Imaxe de arquivo dunha Cabalgata de Reis | Shutterstock

II Concurso de Carrozas de Reis en Ribadumia

mar26nov(nov 26)15:00ven13dec(dec 13)15:00II Concurso de Carrozas de Reis en RibadumiaInscrición aberta ata o 13 de decembro(novembro 26) 15:00 - (decembro 13) 15:00 Concello de Ribadumia - Ribadumia

Detalles do Evento

Co Nadal cada vez máis preto, o Concello de Ribadumia está preparando unha completa programación de actividades e eventos cos que celebrar coa veciñanza as datas festivas.

Por este motivo, convócase o II Concurso de carrozas de Reis, as cales acompañarán ás maxestades de Oriente na Cabalgata de Reis 2025, percorrendo as rúas con creacións orixinais e cheas de luz.

Ao concurso poderán presentarse todas as asociacións veciñais, culturais, clubs deportivos ou entidades de carácter social sen ánimo de lucro que o deseñen e teñan o seu domicilio social no Concello de Ribadumia e se atopen inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións. Poderase participar unicamente cunha carroza individualmente ou en agrupación dun máximo de dúas asociacións.

A temática de cada carroza é libre pero deberá estar vinculada ao Nadal, sendo imprescindible que sexa realizada polos propios participantes e que a estética sexa diferente á do ano anterior, no caso de ter participado. Ademais, tan só se poderán presentar aquelas propostas nas que os seus integrantes vaian disfrazados. As carrozas deberán ter, como mínimo, 1 metro de altura, 3 metros de longo e 1,5 metros de ancho.



A inscrición deberá facerse obrigatoriamente nas oficinas do concello. O prazo de presentación de toda a documentación será ata o 13 de decembro e as solicitudes recolleranse de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas.

O xurado deste concurso estará composto por un membro representante da organización da Cabalgata de Reis, unha persoa vinculada ao departamento de eventos, cultura ou comunicación do Concello de Ribadumia e tres representantes de distintas asociacións con sede no Concello de Ribadumia, dándose prioridade a aquelas que colaboren na organización da Cabalgata e non se presenten a este concurso.

Cada unha das carrozas que realicen o pasacalles obterán unha gratificación de 300 euros por participar. Ademais, estableceranse tres premios:

  • Primeiro premio: 400 euros + diploma acreditativo.
  • Segundo premio: 300 euros + diploma acreditativo.
  • Terceiro premio: 200 euros + diploma acreditativo.

As persoas interesadas poden consultar o resto da información relevante e as bases desta convocatoria na páxina web municipal, no taboleiro de anuncios ou a través das redes sociais oficiais do Concello.

Dende o Concello anímase a todas as asociacións e entidades municipais a ser participes das celebracións de Nadal, e especialmente deste II Concurso de Carrozas de Reis, enchendo de ledicia as rúas de Ribadumia.

Hora

Novembro 26 (Martes) 15:00 - Decembro 13 (Venres) 15:00

Localización

Concello de Ribadumia

Está pasando!