This is a repeating event

II Foro sobre Memoria Histórica en Soutomaior

sáb08novConsultarII Foro sobre Memoria Histórica en Soutomaior'Recuperar para reconstruír'(Consultar: sábado) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Concello de Soutomaior presenta a segunda edición do Foro sobre Memoria Histórica para continuar poñendo sobre a mesa a necesidade de recuperar a memoria perdida da guerra e da posguerra, transmitir á sociedade actual e futura o seu pasado recente para poñer en común e debater sobre a necesidade de falar da nosa memoria e das persoas represaliadas.

Falar da nosa historia é un acto necesario e valente para que a mocidade teña contexto e afronte con criterio a ideoloxía dos movementos totalitarios que espallan valores de odio e antidemocráticos que nos poden levar a repetir erros dun pasado que se cobrou moitas vidas e que provocou moitas feridas.

Durante os días 7 e 8 de novembro o Concello de Soutomaior ten previsto realizar actividades de diversa índole que terán como fío condutor a represión a través do ensino poñendo o foco nas persoas e nos lugares de memoria entre as que destacamos a proxección do filme ‘El maestro que prometió el mar’ e o coloquio guiado por Pablo Abelleira e Uxía Couto, Responsables da asociación ‘Mocidade galega pola Memoria.’ A visita guiada por Soledad Chayán á Illa de San Simón e San Antón. A mesa – coloquio ‘As aulas, facer memoria para relatar a historia’ e a representación da peza de teatro ‘As Alumnas’ de Paula Carballeira.

Na mesa coloquio participará Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, Iria Morgade, profesora de Formación Profesional no IES Luís Seoane e autora do libro ‘Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo’, Mariló Candedo, profesora de Pedagoxía Social na Universidade da Coruña e Pta. do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, Carlos Cimadevila, profesor de Historia e Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, José Antonio Pérez, profesor de Historia en secundaria do IES Leliadoura de Ribeira, autor do libro ilustrado ‘Diarios de Julio Silva’ e da unidade didáctica ‘De Ribeira a Muros: da segunda República á represión franquista’, e Lucia Santiago, membro de Histagra Grupo de historia agraria e política do mundo rural USC.

Todas as actividades son de balde ata completar o aforo.

A única actividade que precisa inscrición previa é a visita á Illa de San Simón e á de San Antón do 8 de novembro, as inscricións xa están aberta e en liña en soutomaior.gal

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!