This is a repeating event

II Semana Grande de Soutomaior

mar05agoConsultarII Semana Grande de SoutomaiorDo 1 ao 7 de agosto de 2025(Consultar: martes) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Soutomaior presenta a segunda edición da súa Semana Grande. Unha semana de celebración, do 1 ao 7 de agosto, que permitirá a todos os veciños e veciñas xuntarse para precisamente iso, celebrar a boa música, a boa gastronomía e sobre todo o bo ambiente que hoxe hai en Soutomaior.

SÁBADO, 2 DE AGOSTO

TORREIRO DA FESTA DA DEZ (CANDÁN)

  • 22:00h. Discomóbil ‘Elation’
  • 23:00h. Orquestra ‘América de Vigo’
  • 02:00h. Discomóbil ‘Elation’

DOMINGO, 3 DE AGOSTO

CONTORNA DA IGREXA DO DIVINO SALVADOR

  • 11:00h. Mercado. Asociación de empresarios de Arcade e de Soutomaior
  • 12:00h. Sesión vermú Aires da Castrelada
  • 12:30h. Cociña en directo e degustación
  • 13:00h. Sesión vermú Aires da Castrelada
  • 14:15h. Xantar popular da veciñanza (con inscrición)
  • 17:00h. Actuación Trío Azabache

TORREIRO DA FESTA DA DEZ (CANDÁN)

  • 22:00h. Discomóbil CDC
  • 23:00h. Orquestra Panorama
  • 02:00h. Discomóbil CDC

MARTES, 5 DE AGOSTO

TORREIRO DA FESTA DA DEZ (CANDÁN)

  • 22:00h. Discomóbil Disquetoka
  • 23:55h. Fogos de artificio
  • 00:00h. Orquestra ‘Combo Dominicano
  • 03:00h. Discomóbil Disquetoka

MÉRCORES, 6 DE AGOSTO

CONTORNA DA IGREXA DO DIVINO SALVADOR

  • 20:30h. Procesión polo Día do Patrón
  • 20:30h. Banda de Música Artística de Arcade

TORREIRO DA FESTA DA DEZ (CANDÁN)

  • 22:30h. Orquestra ‘Gran Parada’

XOVES, 7 DE AGOSTO

ERMIDA DE SAN CAETÁN (CASTELO DE SOUTOMAIOR)

  • 13:30h. Sesión vermú a cargo de ‘Catro ventos’ pola Romaría de San Caetán (haberá polbo)

Haberá servizo de autobús lanzadeira que irá desde o Pavillón da Montesiña ‘Alfonso Pazos’ ata o Torreiro da Festa da Dez (Candán) en horario de 21:30 a 23:30 horas horas e de 00.00 a 03.00 horas.

Hora

Consultar (Martes)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!