III BTT Vila de Bueu

dom28abr09:00III BTT Vila de BueuSaída e chegada no pavillón Pablo Herbello Novas09:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O Club Ciclista Bueu, organiza o III BTT Vila de Bueu, que terá lugar o domingo 28 de abril ás 09:00 horas, cun único percorrido de 42 km., de dificultade técnica e física media-alta, incluída no calendario da Federación Galega de Ciclismo, con carácter non competitivo.

A saída e chegada terán lugar no municipio de Bueu, desde o pavillón Pablo Herbello Novas, cun percorrido entre os concellos de Bueu, Cangas, Moaña e Marín.

A entrega de premios aos mellores participantes terá lugar ás 13:30 horas.

O prazo de inscrición remata o 24 de abril de 2024 ás 23:00 horas ou ata esgotar as 300 prazas dispoñibles. O prezo é de 15 euros para federados e 25 euros para non federados.


Hora

(Domingo) 09:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!