II Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota 2023 | © Pinto e Maragota

III Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota en Pontevedra

dom06out13:30III Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota en Pontevedravermús tortilleiros 202413:30 Campiño de Santa María - Pontevedra

Detalles do Evento

Campiño de Santa María acollerá, o próximo 6 de outubro, o III Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota, o que promove a Concellería de Igualdade de Pontevedra, dirixida por Anabel Gulías.

A cita, ás 13.30 horas, porá o ramo aos vermús tortilleiros 2024, unha actividade de lecer, musical, literaria e gastronómica xa consolidada na cidade.

As persoas interesadas en participar no concurso terán que inscribirse antes das 17.00 horas do sábado 5 de outubro, a través do enderezo electrónico info@pintoemaragota.gal


II Concurso Tortilleiro de Pinto e Maragota 2023 | © Pinto e Maragota

O concurso ten dúas categorías: a mellor tortilla tradicional, feita necesariamente con patacas, ovos, aceite, sal e cebola (opcional) e a tortilla queer, de ingredientes libres. O xurado cualificador estará integrado por representantes da hostalaría local, de Pinto e Maragota e de AVANTE LGBTPontevedra.

A mellor tortilla tradicional terá como premio un xantar ou cea para dúas persoas no restaurante GUMER e a mellor tortilla queer, un brunch privado “especial Pinto Maragota” no espazo gastronómico ViA NAI.


Hora

(Domingo) 13:30

Localización

Campiño de Santa María

Está pasando!