abril, 2021

30abr20:00'Leira'Vigocultura 20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo, VigoEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

O venres 30 de abril e sábado 1 de maio, Nova Galega de Danza presenta o espectáculo de danza contemporánea ‘Leira’, dentro do programa Vigocultura organizado polo Concello de Vigo.

  • Autoría: Nova Galega de Danza
  • Dirección e adaptación: Jaime Pablo Diaz Rodríguez
  • Escenografía: NGD
  • Deseño de son: Alberto Beade
  • Deseño de iluminación: Antón Cabado
  • Vestiario: Erica Oubiña
  • Música: Sergio Moure de Oteyza
  • Coreografía: Iker Gómez
  • Elenco artístico: Estefanía Gómez, Inés Vieites Veiras, Iván Villar, César Louzán, Pablo Sánchez, Ricardo Fernández e Rosa Cedrón

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións.

O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os sulcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.


  • Idioma: Galego
  • Público: Adulto
  • Duración: 60′
  • Prezo: 8,00 €. Entradas anticipadas á venda en woutick.es (de non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Auditorio abrirá unha hora antes de cada función)

Programa Vigocultura PDF

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!