‘Leira’ | © Nova Galega de Danza

'Leira', danza contemporánea en Vilagarcía

sáb29abr20:30sáb23:50'Leira', danza contemporánea en VilagarcíaNova Galega de Danza20:30 - 23:50 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O sábado 29 de abril no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, a compañía Nova Galega de Danza porá en escena o seu galardoado espectáculo ‘Leira’.

A danza contemporánea brilla con todo o seu fulgor neste espectáculo protagonizado polos bailaríns Iván Villar e Pablo Sánchez, e nos papeis femininos por Estefanía Gómez e Inés Vieites. Coa dirección artística de Jaime Pablo Díaz e as coreografías de Iker Gómez e Jaime Pablo Díaz, conta coa música orixinal composta por Sergio Moure de Oteyza e o atractivo dunha interpretación vocal en directo a cargo da cantante Rosa Cedrón.

As entradas para asistir a estes espectáculos pódense adquirir de forma anticipada a través Ataquilla.com (máis custes de xestión). De non esgotarse, tamén se poderán adquirir o mesmo día da función na billeteira do Auditorio dende dúas horas antes do inicio do espectáculo.

Hora

(Sábado) 20:30 - 23:50

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!