This is a repeating event

Festival literario 'Marín Vila do Libro'

sáb17maiConsultarFestival literario 'Marín Vila do Libro''Palabras que salvan futuros e romoven presentes'(Consultar: sábado) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

Concello de Marín xa ten todo preparado para converterse nunha gran libraría na primeira edición de ‘Marín Vila do Libro’. O festival literario, que terá lugar entre o 16 e o 18 de maio, conxugará literatura, obradoiros relaciones cos oficios tradicionais do libro artesanía, música, poesía e diálogo entre autores co fin de converterse nun referente cultural na fin de semana das Letras Galegas.

programación foi presentada na Biblioteca Pública Vidal Pazos por parte da alcaldesa, María Ramallo, e o director do festival, Enric Bono. A Alameda, a Igrexa Vella e a Rúa Real acollerán a programación deste evento literario, que promoverá a lectura, a creación literaria, a reflexión crítica e o intercambio de coñecemento.

Unha programación diversa e participativa que contará con grupos de música referentes de Galicia como Leilía ou o grupo Gallos del Norte, e que organiza encontros con escritores como Manel Loureiro, Elena Gallego ou Francisco Castro, entre outros.

O proxecto ‘Vila do Libro’, que se celebrou en Galicia por primeira vez en Pontedeume o ano pasado, chega agora a Marín co fin de converter o espazo público nun punto de encontro arredor dos libros.

Con actividades que van dende obradoiros para nenas e nenos ata mesas de debate con autores recoñecidos, a vila aspira a consolidarse como un referente cultural da comarca e un polo de dinamización cultural e económica.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!