Pasarrúas ‘Meninas’ | © Yera Teatro

'Meninas' de Yera Teatro en Redondela

xov05dec19:00'Meninas' de Yera Teatro en Redondelaacendido das luces de Nadal 19:00 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

Redondela celebra o vindeiro xoves, 5 de decembro, o acendido das luces de Nadal cun gran espectáculo. A praza do Concello e as rúas do centro da vila acollerán o pasarrúas ‘Meninas’, da compañía Yera Teatro desde as 19.00 horas.

Trátase dunha proposta espectacular con marionetas xigantes, a estética lembra aos traxes de época con grandes cadeiras, tipo ‘Menina’, cun acompañamento musical creado para a ocasión. “Unha aposta moi creativa que vai conectar co público de todas as idades”, sinala a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas.

O percorrido deste espectáculo itinerante comezará na Praza de Ribadavia. A Coca Simona será outra das protagonistas da xornada, acompañando o pasarrúas e facendo as delicias dos nenos e nenas.



O acendido das luces de Nadal será ás 20.00 horas. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que a decoración deste ano suma máis de 5.000 metros cadrados de iluminación, 600 elementos decorativos, 200 arcos e 895.000 luces led.

A iluminación de Nadal, como en anos anteriores, non se limitará aos núcleos urbanos senón que “se estenderá por todas as parroquias do municipio con figuras decorativas nas rúas, prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como o mercado municipal ou o antigo viaduto”, sinala Rivas.

O prendido das luces será simultáneo en todo o municipio o día 5 ás 20.00 horas, na véspera da gran ponte de decembro.

Hora

(Xoves) 19:00

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!