'Mentes peligrosas' en Vigo

sáb24feb18:30'Mentes peligrosas' en VigoCON Eva Hache, Ana Morgade, Leo Harlem e Xosé A. Touriñán18:30 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

‘Mentes Peligrosas’, un novo espectáculo de humor chega ao Auditorio Mar de Vigo o venres 23 e sábado 24 de febreiro, con Eva Hache, Ana Morgade, Leo Harlem e Xosé A. Touriñán. O show, que chega da man da produtora Etiqueta Negra Producciones, arrinca unha xira que percorrerá toda a xeografía nacional, cun elenco de luxo composto polos mellores cómicos do país.

Eva Hache e Ana Morgade encabezan o cartel como anfitrioas do espectáculo, que reunirá a catro artistas por cidade. Os primeiros confirmados que se irán alternando nas funcións son: Álex Clavero, Carolina Iglesias, JJ Vaquero, Leo Harlem, Luis Piedrahita, Omayra Cazorla e Xosé A. Touriñán.

Cunha espectacular montaxe de imaxe, luz e son, a obra, que dura 90 minutos, estréase nos escenarios producida, escrita e dirixida por Etiqueta Negra Producciones e contou cun equipo composto por La Cía de la Luz no deseño de luces e escenografía, Victoria Nogales no deseño de vestiario e Carlos Villarejo na dirección de fotografía.

Inspirado nas festas de antigos alumnos, ‘Mentes Peligrosas’ é o reencontro no que se poderá gozar dos cómicos máis importantes da historia do humor patrio.

FUNCIÓNS

  • Venres 23 de febreiro, ás 20:00 e ás 22:30 horas.
  • Sábado 24 de febreiro, ás 18:30 e ás 21:00 horas.

As entradas anticipadas xa están á venda na web do espectáculo www.mentespeligrosas.es e www.teuticket.com.

SINOPSE

Como en todas as reunións de antigos alumnos, os vellos amigos están desexando reencontrarse para saír a cear, celebrar, beber, bailar, pero, sobre todo, para comprobar que polo resto pasaron os anos peor que por un mesmo, e isto se é motivo de celebración.

Da “escola da comedia” nacional saíron algunhas das mentes máis afiadas, máis orixinais, máis creativas… e máis perigosas. Pero son elas, co seu humor, as que nos fan a vida máis soportable e divertida, así que xa era hora de organizarlles unha festa para que se reencontren despois de tantos anos.

Así nace ‘Mentes Peligrosas’, unha festa da risa, onde se poderá gozar dalgúns dos cómicos máis importantes da historia do humor patrio.


ETIQUETA NEGRA

Etiqueta Negra é unha empresa galega con máis de 20 anos de experiencia no mundo do entretemento. O seu obxectivo é inspirar e conectar artistas e marcas, e para isto divide o seu traballo en tres áreas de negocio: producións, management & booking, e eventos privados/servizo de consultoría para marcas.

O sector da comedia entendida en todos os seus ámbitos é o eixo fundamental do seu traballo.

A empresa produce centos de eventos ao ano por todos os recunchos do país, destacando eventos de gran formato como o Encontro Mundial de Humorismo.

Hora

(Sábado) 18:30

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!