'Mikecrack y la SuperArma Secreta' en Pontevedra

mér27dec17:00'Mikecrack y la SuperArma Secreta' en Pontevedra'Las Perrerías de Mike'17:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A exitosa serie ‘Las Perrerías de Mike’ da o salto aos escenarios! O «can» máis famoso de Youtube e os seus inseparables compañeiros cobrarán vida dunha forma moi especial nunha nova aventura inédita. Por primeira vez, o enorme exército de fans de Mikecrack terán a oportunidade de gozar desta nova historia cos seus personaxes favoritos en vivo e en directo!

Cancións, misterios, aventuras, moitas risas e miles de sorpresas para todas as idades, que se presentan nun show cun despregamento audiovisual único e totalmente novo grazas á súa alta tecnoloxía, para que a experiencia sexa plenamente inmersiva.

Que lles pasa ás voces de Mike e os seus amigos? Terá algo que ver a estraña máquina que apareceu no xardín? Ven a descubrilo!

Dúas sesións, ás 17:00 e ás 19:30 horas no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra.

Entradas anticipadas á venda dende 25 euros en Ataquilla.com


Hora

(Mércores) 17:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!