This is a repeating event

'Como ser super Woman y no morir en el intento' en Vigo

dom08out20:00'Como ser super Woman y no morir en el intento' en VigoIV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 7 e domingo 8 de outubro, e dentro do IV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO, a Sala Ártika acolle o espectáculo ‘Como ser super Woman y no morir en el intento’, de Impulso Teatral.

Sinopse:

Cando un cre que non pode máis e que non hai saída, sempre pasa algo onde o derradeiro instante sálvanos. Tocas fondo, si, pero rexordes e con sorte acabas por salvarte de ser unha Super Woman por imposición.

‘Como ser super Woman y no morir en el intento’ é unha viaxe ao pasado, onde as exixencias, valores, culpas e demais demos atorméntannos no presente.

Esta obra honra á muller, dende onde todos partimos. Pero sen dúbida, apenas comezan o espectáculo, vemos que non existen guerras de sexos, nin tampouco imos aos extremos, se non que intentamos rescatar á que está a punto de morrer no intento.

  • Data: Sábado 7 e domingo 8 de outubro
  • Hora: 20:00 horas
  • Duración: 75 min
  • Idade recomendada: +16 anos
  • Prezo: As entradas teñen un prezo de 14 euros (billeteira) ou 10 euros + gastos de xestión (anticipadas)


Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!