Exposición 'Castelao grafista (facsímile)', na Illa de Arousa

ven18xulConsultarxov28agoExposición 'Castelao grafista (facsímile)', na Illa de ArousaAfundación Obra Social ABANCA(Consultar) Auditorio Municipal da Illa de Arousa - A Illa de Arousa

Detalles do Evento

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das súas múltiples facetas.

Con este proxecto de difusión internacional, Afundación divulga a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares, en países dos cinco continentes ao longo dos últimos anos.

Agora, dentro do programa ‘Corrente Cultural’, Afundación leva esta exposición a cada punto da nosa xeografía para que toda a poboación sexa coñecedora e goce das súas creacións e das súas inmensas achegas á nosa historia máis recente.

Castelao grafista (facsímile) | Afundación

A mostra, comisariada por Miguel Fernández-Cid, reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum ‘Cousas da vida’ de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA, xunto con obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares.

Ademais, o público poderá desfrutar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas, ler o texto orixinal do álbum ‘Nós’ e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

Visitable do 18 de xullo ao 28 de agosto de 2025, no Auditorio Municipal da Illa de Arousa, de luns a venres, de 9 a 20 horas.

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición ‘Castelao grafista (facsímil)’ é o proxecto máis ambicioso para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes

Esta exposición enmárcase en ‘Cultura por Alimentos’, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.

Hora

Xullo 18 (Venres) - Agosto 28 (Xoves)

Localización

Auditorio Municipal da Illa de Arousa

Rúa Palmeira, 29 - 36626 A Illa de Arousa

Está pasando!