'Música nos libros' con María Faltri en Rodeiro

ven20set10:15'Música nos libros' con María Faltri en RodeiroUn espectáculo do programa FalaRedes 10:15 Concello de Rodeiro - Rodeiro

Detalles do Evento

A Casa da Cultura de Rodeiro acollerá ‘Música nos libros’, un espectáculo do FalaRedes cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega.

María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil.

Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar.

Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

Hora

(Venres) 10:15

Localización

Concello de Rodeiro

Está pasando!