'Música nos libros' con María Faltri en Mos

sáb21set12:30'Música nos libros' con María Faltri en MosUn espectáculo do programa FalaRedes 12:30 Concello de Mos - Mos

Detalles do Evento

O Centro Social e Deportivo de Guizán de Mos acollerá ‘Música nos libros’, un espectáculo do FalaRedes cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega.

María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil.

Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar.

Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Concello de Mos

Está pasando!