Noites Abertas 2023

ven27xansáb01abrNoites Abertas 2023proposta de ocio e cultura para a mocidade(xaneiro 27) 00:00 - (abril 1) 23:59 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A proposta de ocio e cultura para a mocidade Noites Abertas, chega en 2023 á edición número 24  volvendo amosar o seu programa nos centros de ensino da cidade, nas rúas e nas prazas de Pontevedra co fin de divulgar un programa tan diverso como o é a mocidade de hoxe en día.

Os espazos deste ano nos que se desenvolverán seguen a ser o Froebel, a Casa Azul, o Pavillón Multiusos e os campos de herba sintética situados ao carón deste, a praia fluvial do Lérez (para a ruta nocturna en kaiak), o Local de Música, o parque de cans (da xunqueira de Alba), a praza da Ferraría, a senda do Gafos e, como novidade ben especial, Santa Clara, que acollerá un Escape room moi especial e moi controlado polos propios monitores de Noites Abertas, sendo nunha zona concreta e acoutada do antigo convento.

En total, o programa deste ano vai desde o 27 de xaneiro até o 1 de abril, propiciando 16 xornadas cun horario de actividades que oscila entre as 18:00 horas e 00.30 da noite. Todos os venres e sábados haberá que escoller que facer e con que divertirse, agás catro días concretas, que coinciden coa celebración do Entroido na cidade —o 16 e o 18, e o 24 e o 25 de febreiro—.

Serán 150 sesións nas que pode participar calquera rapaz ou rapaza con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos. As actividades, coma sempre, xiran ao redor de diferentes eidos temáticos: actividades físico-deportivas, de cociña, creativas, de expresión artística, videoxogos, memorística… Todas serán de balde.

As actividades parten de diversos sectores da poboación como son «empresas locais e asociacións da cidade, amais de clubs deportivos e tamén propostas individuais. Cómpre lembrar, en relación con esta última categoría, que Noites Abertas ten como un dos seus obxectivos clave como é o fomento da participación cidadá.

Repiten propostas míticas como cestaría (desde o primeiro ano), observación nocturna no Gafos, billarda, tenis de mesa, bádminton, fútbol 7 mixto, a lámpada marabillosa (introducida o ano pasado con enorme éxito, que conta cun formato libre de esparexemento na Casa Azul)… Introdúcese algunha nova como o xa nomeado Escape Room en Santa Clara, de realidade virtual con Gaming Troop, pintura de miniaturas e wargames con Rotting Pizza (asociación local de recente creación), etcétera.

Todas as actividades poden ser consultadas na páxina web oficial do programa. 

Hora

Xaneiro 27 (Venres) 00:00 - Abril 1 (Sábado) 23:59

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!