O Musical dos 80's e os 90's en Pontevedra

ven09xuñ21:00ven23:50O Musical dos 80's e os 90's en Pontevedrao musical orixinal dos 80 aos 90 de onbeat21:00 - 23:50 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A compañía Onbeat presenta o venres 9 de xuño no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra O Musical dos 80’s e os 90’s, a comedia musical orixinal máis divertida do ano.

O mellor musical oitentero do momento no que o público compartirá a experiencia das personaxes, cantando, bailando e sendo cómplices de cada un deles.

O mellor pop español dos 80 e 90 mestúrase con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron a nosa mocidade.

Meses seguidos de teatros cheos en EDP gran Vía de Madrid, Teatro Apolo de Barcelona e agora en Pontevedra!

Unha historia que parte do reencontro dos amigos do instituto 25 anos despois, reunidos na ‘Movida do Bacalao’ para lembrar unha época que marcou a vida dos seus protagonistas, ao ritmo da mellor música daquela mocidade, onde non existían redes sociais.

Entradas anticipadas á venda desde 15 euros en Ataquilla.com


 

Hora

(Venres) 21:00 - 23:50

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!