'O Péndulo' en Pontevedra

xov13out21:00'O Péndulo' en PontevedraPonteatro21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado no ciclo Ponteatro, a compañía Inversa Teatro porá en escena no Teatro Principal de Pontevedra ‘O Péndulo’, unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu o golpe militar de 1936 e o inicio da matanza unilateral na Galiza.

Este achegamento a nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, co-dramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza.

Membro do Partido Socialista Galego, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República.

Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

Entradas anticipadas á venda desde 8 euros en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!