O Salón do Libro de Pontevedra

ven01marConsultardom17marO Salón do Libro de PontevedraDo 1 ao 17 de marzo de 2024(Consultar) Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra presenta o programa do seu 25 aniversario que, do 1 ao 17 de marzo e, con máis de 300 actividades, promete ser un dos máis intensos dos últimos anos e unha experiencia máxica na que o público poderá gozar de máis de 150 actividades entre as que atopará contacontos, obradoiros, maxia, espectáculos, concertos, estreas e propostas exclusivas feitas para o evento.

Os centros de ensino, homenaxeados neste edición tan especial, asistirán en horario matinal a contacontos, obradoiros, espectáculos, teatro e visitas guiadas que suman outras 150 propostas. Serán arredor de 60 centros e 5.000 alumnos/as de infantil ata ensino universitario.

A maxia terá moito peso, con presenza de 11 magos e magas, haberá actividades especiais polo día 8 de marzo, unha programación centrada na cultura convidada (Catalunya), e como novidade os domingos pola mañá, cinema no Teatro Principal.



Horario do XXV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra:

  • De luns a venres: de 17.00 a 20.00 h
  • Os sábados e domingos: de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h

Toda a programación pode consultarse en www.salondolibro.gal e tamén a reserva de actividades da primeira fin de semana. Os martes 5 e 12 de marzo á mesma hora, activaranse as reservas para as respectivas fins de semana.

En Ataquilla.com estarán dispoñibles todas as entradas con custo (3 euros) e a reserva de balde para o espectáculo de clausura ‘Rockus Pocus’ de Rock Lab e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra.

Está pasando!