Obradoiros con Migallas Teatro | © Concello de Pontevedra

Obradoiros 'Artexoga' en Pontevedra

lun08xanConsultarmar30abrObradoiros 'Artexoga' en PontevedraImpartidos por Migallas Teatro(Consultar) Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

As Concellarías de Cultura e Normalización Lingüística de Pontevedra colaboran para organizar tres talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 5 e 11 anos, onde se desenvolverán actividades de expresión dramática, plástica e musical, así como xogos tradicionais para crear un espazo de socialización en galego. Impartiraos Migallas Teatro a partir de xaneiro de 2024 no Pazo da Cultura.

Cada obradoiro ten un prezo de 50 euros e consta de 14 sesións de hora e media adaptadas aos períodos lectivos escolares entre xaneiro e abril de 2024 a razón dunha sesión semanal e distribuídas consonte os seguintes días e idades:

  • Taller 1: de 8 a 11 anos. Os luns de 18.00 h a 19.30 h. Número de participantes: 25
  • Taller 2: de 5 a 7 anos. Os mércores de 17.30 h a 19.00 h. Número de participantes: 35
  • Taller 3: de 5 a 7 anos. Os xoves de 17.30 a 19.00 h. Número de participantes: 35

As familias que teñan interese nalgún dos tres obradoiros poderán solicitalos a través do formulario Artexoga ata o 3 de decembro.

As prazas non se adxudicarán por orde de entrega da solicitude de preinscrición senón que, no caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, farase un sorteo público (o día 5 de decembro) no que se escollerá ao chou unha letra. Esta será a letra do primeiro apelido a partir do que se elaborará a listaxe de participantes. Terán preferencia as solicitudes das persoas con domicilio en Pontevedra.

Antes do 16 de decembro comunicaráselle por correo electrónico a cada unha das persoas solicitantes se obtivo praza no obradoiro solicitado ou se entrou na listaxe de agarda.

Está pasando!