Obradoiros de extensión universitaria en Vigo e Pontevedra

xov01febConsultarsáb01xuñObradoiros de extensión universitaria en Vigo e Pontevedra2º cuadrimestre 2023/2024(Consultar) Universidade de Vigo -

Detalles do Evento

Nesta ligazón podedes informarvos sobre os cursos de extensión universitaria organizados no Campus Pontevedra e no Campus de Vigo no segundo cuadrimestre do curso 2023/2024.

Os obradoiros están abertos a calquera persoa interesada e os prezos varían segundo ao colectivo (público xeral, comunidade universitaria, familiares, comunidade alumni-UVigo e persoal xubilado, persoal de centros adscritos, da Fundación Universidade de Vigo, de empresas externas que prestan servizos nos campus, alumnado estranxeiro de curso cero, persoas egresadas e persoas xubiladas…)



A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre no Campus de Vigo. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.

A estas propostas súmanse outras que son xa unha tradición neste catálogo de obradoiros, como a posta en escena dunha obra teatral, a aula de música tradicional, un taller sobre os clásicos do rock e outro sobre a diversidade na tradución literaria.

Todos estes obradoiros están abertos a calquera persoa interesada e os prezos varían entre os 40 euros para o público en xeral, 26 euros para membros da comunidade universitaria, familiares, comunidade Alumni e persoal xubilado e 32 euros para outros colectivos como PAS e PDI de centros adscritos, da Fundación UVigo, persoal de empresas externas que prestan servizos nos campus, alumnado estranxeiro de curso cero, persoas egresadas e persoas xubiladas, entre outros colectivos. O prazo de matrícula está aberto ata o 16 de febreiro. 

  • Cultivar cogomelos e descubrir as árbores
  • Acuaponia e permacultura
  • De cócteles e “mocktails” á agricultura orgánica
  • Os clásicos do rock e a música tradicional
  • David contra Goliat, persoas e linguas pequenas
  • Para a primavera, Soño dunha noite de verán



Sete novos obradoiros renovan a programación de extensión universitaria do Campus de Pontevedra. Outros céntranse na creación téxtil, a experimentación sonora, o libro de artista e no tenis e pádel.

Abertos a toda a cidadanía, a programación de obradoiros de extensión universitaria da Vicerreitoría para este segundo cuadrimestre está conformada por sete propostas que se ofertan por primeira vez no campus pontevedrés. Neste abano de propostas, que permiten tamén ampliar a formación do alumnado en diferentes eidos, figuran talleres centrados nas ciberagresións en contextos escolares, na loita contra a desinformación e na xeración de contidos con intelixencia artificial, así como na experimentación sonora, a creación téxtil con pistolas tufting gun e a elaboración de libros de artista, xunto cun curso de iniciación a tenis e pádel.

Cun centenar de prazas no seu conxunto, a inscrición nestes sete obradoiros poderá realizarse entre este luns 5 de febreiro e o venres 16 de febreiro na plataforma Campus Activo. Recoñecidos cun crédito ECTS por cada 30 horas de traballo, teñen un prezo de matrícula de 40 euros para o público xeral, de 26 para a comunidade universitaria e de 32 para outros colectivos vinculados á UVigo.

  • Tuft & Furious 2.0
  • Experimentación e expresión sonora
  • Relacións proceso creativo-terapéutico. O libro de artista como fío condutor
  • Intelixencia artificial xenerativa para creadores de contidos
  • Autodefensa contra a desinformación
  • Iniciación aos deportes de raqueta e pa
  • Ciberconvivencia
  • Como bailar nun serán

Hora

Febreiro 1 (Xoves) - Xuño 1 (Sábado)

Localización

Universidade de Vigo

Está pasando!