'Ocho Apellidos Andaluces' en Vigo

sáb04mai20:30'Ocho Apellidos Andaluces' en VigoHumor 100% andaluz20:30 Teatro-Cine Salesianos - Vigo

Detalles do Evento

Catro cómicos andaluces e irmáns de pai, pero cada un de distinta nai, xúntanse para encher de gargalladas os teatros e salas co seu espectáculo de impro e monólogos ‘Ocho Apellidos Andaluces’. Un espectáculo con salero, cargado de ironía e moita improvisación. Sen dúbida, Humor 100% andaluz!.

Este show é apto para todos os públicos e é altamente recomendable para aquelas persoas que queiran illarse de problemas ou saír das súas rutinas. Neste espectáculo non se pode parar de rir e é demostrable que alegra e mellora a vida.

REPARTO:

  • QUIQUE DE LA FUENTE: humorista sevillano con máis de dez anos de experiencia sobre os escenarios. Participou en numerosos concursos e festivais de humor, sendo finalista e vencedor en gran parte destes certames. Compartiu escenario con cómicos de renome como JJ. Vaquero ou Nacho García, entre outros.
  • TXAPELA DE CÁDIZ: polifacético comediante gaditano con máis de quince anos de traxectoria exerceu como actor, improvisador, monologuista, contacontos, guionista e autor de entroido. Como actor rodou ás ordes de Hugo Stuven a serie documental para Canal Sur: “La guerra de la Independencia en Andalucía”. Ademais, participou na serie “El mar de la libertad”, de Canal Sur. Foi colaborador do programa “Buenos Días” en Onda Cádiz TV e traballou na canle de cómicos Paramount Comedy.
  • ABRAHAM MARTÍN: actor e cómico malagueño, participou en varias curtametraxes e obras de teatro ata que fai catro anos decidise apostar pola Stand-Up Comedy. Gañou varios certames de monólogos en varias cidades (Leganés, Alacante, Málaga, Salamanca, Zaragoza…).
  • JESÚS PIÑA: monologuista de Sevilla, está catalogado no circuíto de cómicos como un dos humoristas con máis proxección da Stand-Up de comedia actual. Gañador de máis dunha vintena de festivais de comedia a nivel nacional é, sen lugar a dúbida, un monologuista que leva a arte e a graza por natureza, ademais de ser unha aposta segura da improvisación.

Entradas anticipadas á venda dende 15 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Teatro-Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo

Está pasando!