'Os tres porquiños' en Pontevedra

dom15mar12:00'Os tres porquiños' en Pontevedraespectáculo teatral de Educateatro12:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Os tres porquiños’ é un espectáculo teatral de Educateatro para os máis pequenos e pequenas con marionetas, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil.

Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a gura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos.

Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

Dous pases: 12:00 y 17:00 horas.

Espectáculo de 55 minutos de duración (máis fotos ao final cos protagonistas), recomendado a partir de 2 anos.

Menores de 24 meses que non ocupen butaca, non necesitan adquirir entrada.

Entradas anticipadas á venda dende 13,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!