'Os tres porquiños' en Sanxenxo

dom16mar17:30'Os tres porquiños' en Sanxenxoprogramación cultural 'Sanxenxo no foco'17:30 Auditorio Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

A programación cultural ‘Sanxenxo no foco’ bota a andar o domingo 16 de marzo, ás 17:30 horas coa obra musical infantil e familiar, ‘Os tres porquiños’, incluída dentro do Circuito +Escénicas da Deputación de Pontevedra.

‘Os tres porquiños’ é un espectáculo teatral de Educateatro para os máis pequenos e pequenas con marionetas, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil.

Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a gura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos.

Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

Espectáculo de 55 minutos de duración (máis fotos ao final cos protagonistas), recomendado a partir de 2 anos.



‘SANXENXO NO FOCO’

O Concello de Sanxenxo estre unha nova programación cultural ‘Sanxenxo no foco’ no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

O obxectivo é ofrecer unha proposta enriquecedora e accesible para todos os públicos, a través de eventos artísticos de calidade que inclúan música, teatro, danza, cinema e actividades educativas.

A programación irase dando coñecer trimestralmente e arrincará o domingo 16 de marzo, ás 17:30 horas coa obra musical infantil e familiar, ‘Os tres porquiños’, incluída dentro do Circuito +Escénicas da Deputación de Pontevedra.

29 de marzo, ás 17:30 horas, o Mago Paco toma a substitución coa súa obra musical e infantil. O mago Paco encarna a figura de presentador do prestixioso programa ‘Xoga e Maxia’ onde a través de probas, os participantes competirán para levar ás súas casas algún agasallo. Realidade ou ficción? Un concurso único, dotado de premios imposibles onde non existen gañadores nin gañadoras, se non participantes que non saberán a que proba terán que enfrontarse para tentar levar un agasallo.

Sonsgalia ofrecerá un concerto o 13 abril ás 18 horas con versións de música celta, bandas sonoras, pop, rock e jazz. Sutileza nos arranxos, virtuosismo na interpretación e unha coidada estética son os seus sinais de identidade.

25 de abril, ás 21 horas, o actor Xosé Touriñán, presentará en Sanxenxo o seu monólogo ‘Aquí tou!!’. Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos clave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida.

10 de maio, ás 18 horas, será a quenda de ‘Os contos de Lobicán’, unha obra de teatro adaptación do libro do mesmo título escrito pola veciña de Sanxenxo Eva Mejuto, gañadora do XV Premio Barriga Verde 2002.

O 24 de maio, o Auditorio acollerá un concerto de Pancho Varona, ás 21 horas. Guitarrista e compositor español coñecido por acompañar desde principios dos anos 80 ao cantautor Joaquín Sabina.


Hora

(Domingo) 17:30

Localización

Auditorio Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3 - 36960 Sanxenxo

Está pasando!