This is a repeating event

Outubrofest 2025 en Pontevedra

dom02nov12:00Outubrofest 2025 en PontevedraPontevedra Rugby Club12:00 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

O Outubrofest, o evento anual que organiza o Pontevedra Rugby Club, celebrarase na Praza de España do xoves 30 de outubro ao domingo 2 de novembro, con horario de 12.00 a 24.00 horas e todo o recadado destinarase a financiar as súas actividades sociodeportivas.

A novidade é que se manteñen os prezos dos últimos anos para unha actividade familiar que seguirá sendo a un prezo popular.

A inauguración será o xoves 30 de outubro, coincidindo co décimo quinto aniversario. A carpa abrirá ás 12.30 e ás 13.00 horas será o acto inaugural. O espazo gastronómico e cervexeiro permanecerá aberto ata as 23.30 horas.

venres 31 de outubro, coincidindo co Samaín, a carpa e o espazo gastronómico ofrecerán produto galego como salchichas, codillo do forno de leña da Santiña e outros pratos típicos bávaros xunto con distintos tipos de cervexas, opcións de comida vegana e música en vivo.

A partir das 17.00 celebrarase un obradoiro de cabazas para crianzas, que deberán ir acompañadas dunha persoa adulta. A partir das 20.30 horas haberá concurso de disfraces e sesión musical temática de Samaín ata peche.

O sábado 1 de novembro será o día grande cunha sesión vermú a cargo do colectivo Dirty Old Town, que acompañará con música e ambiente festivo. Entre as 20.00 e as 23.30 horas, o espazo gastronómico e cervexeiro acollerá música de festa ata peche.

Finalmente, o domingo 2 de novembro celebrarase o acto de clausura. A carpa abrirá ás 12.00 horas e, ás 13.00, farase entrega da tradicional salchicha xigante e do Premio “Máis que Rugby”, que recoñece o traballo dun club local pola súa labor coa base.

A partir das 17.00 haberá unha subasta popular de roupa e material deportivo e ás 21.00 será a clausura oficial.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!