Pepo Suevos presenta 'Orille!' en Soutomaior

ven27feb20:30Pepo Suevos presenta 'Orille!' en Soutomaior‘Goza do teu Punto G, o galego dáche un punto’20:30 Multiusos de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

A campaña ‘Goza do teu Punto G, o galego dáche un punto’ comezará o venres 27 de febreiro co monólogo ‘Orille!’ de Pepo Suevos. 

Unha cita, con entrada de balde, que dará comezo ás 20:30 horas, apertura de portas ás 20:00 horas.

Neste monólogo Pepo Suevos nos mete na historia dunha viaxe que prometía ser moi tranquila de Santiago a Baños de Molgas, pero foi entón cando se lle cruza o destino… e ía vestido de verde!!! Aquel día foi o peor inimigo da Garda Civil e das normas de Tráfico…

Se queredes coñecer o resultado desta divertida historia vémonos este venres, ás 20:30 horas, no Multiúsos de Arcade.

‘Goza do teu Punto G’

O Concello de Soutomaior presenta a programación de artes escénicas da campaña de Normalización Lingüística ‘Goza do teu Punto G, o galego dáche un punto’ deste 2026.

Tal e como afirmou Manu Lourenzo “con esta campaña animamos a toda a veciñanza a Gozar do seu punto Galego nas artes escénicas, na música e no seu día a día e por iso, un ano máis, levaremos adiante actividades e iniciativas de promoción do galego na administración pública e actividades de Normalización Lingüística que traerán a Soutomaior algunhas das principais referencias artísticas do noso país que nos van dar un punto en galego e animarannos a gozar dese punto G do idioma”.

Concello de Soutomaior impulsará accións a través das áreas que proxectan e conectan directamente coa cidadanía impulsando o galego na escena, ofertando unha axenda municipal na que se programarán espectáculos teatrais dirixidos ao público adulto, á mocidade e ao infantil familiar con propostas de grandes compañías como Ibuprofeno Teatro, Excéntricas, Gallaecia Eventos, A Covas da Letras, Galitoon ou tamén aterrarán en Soutomaior monologuistas da talla de Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Aratxa Treus e Jazmín Abuín, Quico Cadaval, Evaristo Calvo e Leti da Tabera ou narradoras orais como Vero Rilo.

Todos estes espectáculos serán de balde ata completar o aforo, o espazo onde se celebrarán estas citas coas artes escénicas será o Multiúsos de Arcade.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Multiusos de Arcade

Rúa do Peirao, 8, 36690 Soutomaior

Está pasando!