'Peque Disco Moc Moc' en Covelo

xov24xul22:00'Peque Disco Moc Moc' en CoveloFamily Session by DJ MeRe Clown22:00 Concello de Covelo - Covelo

Detalles do Evento

Estabades agardando por unha gran festa e por fin chegou! O xoves 24 de xullo, chega á Praza do Mestre Cerviño de Covelo… ‘Peque Disco Moc Moc and remember temazos 90-2000’.

Con este espectáculo no que mesturan música, circo e clown converten nunha auténtica disco móbil infantil e familiar todo espazo ao que chegan.

Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno… Yes Baby!

Todo iso aderezado cun equipo de iluminación disco, máquina de fume, pompas de xabón, confeti, malabares con lume ou luz e sobre todo moito humor.

A través do catálogo de grupos de ‘+Música’, a Deputación de Pontevedra pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes actuacións de grupos e artistas musicais profesionais que nas súas actuacións levan a cabo interpretacións e composicións en lingua e de autoría galegas.

Hora

(Xoves) 22:00

Localización

Concello de Covelo

Está pasando!