'Pijama para seis' en Pontevedra

ven14nov20:30'Pijama para seis' en Pontevedraunha comedia sobre o amor e os celos20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

“Unha comedia de enredos, un auténtico metrónomo das risas”. Así se refiren os produtores de ‘Pijama para seis’ á obra teatral, dirixida por Raquel Pérez, que se poderá ver no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra o venres 14 de novembro ás 20.30 horas.

Á fronte do elenco, Gabino Diego no papel de Fernando, o home casado que, no inicio da trama do espectáculo, convida o domicilio conxugal ao seu amante aproveitando unha ausencia da súa esposa.

Comeza a partir de aí, para o público e os intérpretes, unha comedia desenfreada. “No vodevil hai que contar coa complicidade do público”, comenta Gabino Diego sobre a obra.

O dramaturgo Marc Camoletti, referente na comedia europea das últimas décadas do pasado, asina o texto de ‘Pijama para seis’. Sobre o escenario, o actor Jesús Cisneros interpreta a Carlos, o amigo ao que o protagonista, Fernando, convida á casa familiar para ter unha coartada.

Fernando coida cada detalle para esa noite na que a súa amante estará na casa. Mesmo contrata a unha cociñeira, Susana. Pero nada pasará como estaba previsto nunha situación na que case todo xirará arredor do amor, dos celos, ou da confianza, e cuxo elenco completan as actrices Isabel Gaudi, Amaia Vargas e Sabina Praga.

90 Min | Castelán | 14 NRM

Entradas anticipadas á venda dende 21,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!