I Competición de Escalada Urbana 'Ponte a Escalar' en Pontevedra

sáb24mai10:30I Competición de Escalada Urbana 'Ponte a Escalar' en Pontevedra25º aniversario do club AROMON10:30 Centro Histórico de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Se ben Pontevedra leva anos na vangarda do urbanismo ou é posta de exemplo no mundo enteiro pola súa capacidade para organizar grandes eventos deportivos, non esquece o coidado polas disciplinas algo máis agochadas e que tamén fomentan valores, saúde e benestar.

É o caso da escalada, que con Ponte a Escalar quere «saír do monte e dos rocódromos, para que a xente nos coñeza», grazas ao traballo entre o Club AROMON e a colaboración do Concello de Pontevedra.

Presentación de Ponte a Escalar | Concello de Pontevedra

A cita deportiva desenvolverase na xornada do sábado, 24 de maio, co gallo do 25 aniversario do club pontevedrés. O escenario principal será o casco histórico e algúns dos seus edificios, amosando as súas habilidades en prazas coma Curros Enríquez, Mugartegui ou a Ferraría.

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, destacou o a honra que supón para Pontevedra ser a sede desta novidosa proba. «Creo que o centro histórico que temos, a cidade en xeral que creamos entre todos e todas, é un escenario de luxo para facer escalada urbana».

A proba, que vivirá o seu inicio ás 10:30 da mañá, contará coa participación de 50 escaladores e escaladoras, cuxas prazas «voaron sen case apenas publicidade», polo que a concelleira xa considera o evento todo un éxito.

Anxela Pedrouso, directora da proba, detallou que esta é unha competición de escalada en bloque ou bouldering. Isto significa que non se utiliza corda, senón que os escaladores ou escaladoras ascenden poucos metros (sobre tres), contando sempre con colchonetas de apoio e persoas que axudan en caso de posíbeis caídas para garantir a seguridade total.

Hora

(Sábado) 10:30

Localización

Centro Histórico de Pontevedra

Está pasando!