‘Cortello de amor’ | Amorodio Teatro

Ponteatro 2025 - ‘Cortello de amor’

xov09out21:00Ponteatro 2025 - ‘Cortello de amor’outubro e novembro de 202521:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A programación do ciclo teatral Ponteatro arrincará o xoves 9 de outubro con ‘Cortello de amor’, de Amorodio Teatro.

Unha comedia moi galega, con retranca e sotaque que trata problemáticas actuais como o disparatado prezo dos alugueiros ou o turismo non sostible.

Jack e Rose, unha parella que ronda os trinta anos e que levan xuntos desde a adolescencia, van ao concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Logo dunha festa memorable, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dous no faiado.

Dirección: Marián Bañobre

Dramaturxia: Laura Porto

Elenco: Carmen Facorro e Javier Castiñeira

Duración: 75 min.

PONTEATRO 2025

Amorodio Teatro, Teatro Español, Producións Teatrais Excéntricas, Histrión Teatro, Etiqueta Negra e Talía Teatro achegarán as mellores propostas do panorama teatral.

Os espectáculos terán lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6 e 13 de novembro ás 21.00 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

  • 9 OUT | ‘CORTELLO DE AMOR’ (AmorodioTeatro)
  • 16 OUT | ‘CARMEN, NADA DE NADIE’ (Teatro Español e Tablas y más Tablas)
  • 23 OUT | ‘AS DESTERRADAS’ (Producións Teatrais Excéntricas)
  • 30 OUT | ‘NEVENKA’ (Histrión Teatro)
  • 6 NOV | ‘GO HOME’ (Etiqueta Negra Producións)
  • 13 NOV | ‘UN DEUS SALVAXE’ (Talía Teatro)

Unha programación completa para pasar un outono entretido e proveitoso gozando do teatro en Pontevedra.

Á venda en Ataquilla.com os abonos a un prezo único de 30 € e as entradas a 8€ con desconto a 4€ para as persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65.

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!