Ponteatro: ‘4 x 4’ de Ron Lalá

xov20feb21:00Ponteatro: ‘4 x 4’ de Ron LaláCICLO TEATRAL PARA PÚBLICO ADULTO21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Ponteatro comeza o 20 de febreiro con ‘4×4’ de Ron Lalá, unha compañía que fai humor, teatro e música por esa orde de importancia. Quen queira asistir a esta sesión, vai disfrutar sobre todo de humor nun teatro no que os actores tamén son músicos.

Unha viaxe ás catro primeiras obras de Ron Lalá. Un percorrido polas escenas esenciais dos espectáculos que a consolidaron como unha das compañías máis premiadas e aclamadas pola crítica e público: “Mi misterio del interior”, “Mundo y final”, “Time al tiempo” e “Siglo de Oro, siglo de ahora”.

Unha ruta teatral e musical, co desafío de revivir as catro propostas e dar conta da evolución creativa e escénica dos “ronlaleiros”. Catro espectáculos nun. Unha festa de humor crítico e cítrico. Ron Lalá en estado puro.

  • Creación colectiva: Ron Lalá
  • Dirección: Yayo Cáceres
  • Elenco: Juan Cañas, Miguel Magdalena, Diego Morales, Luis Retana e Daniel Rovalher
  • Duración: 80 min



PONTEATRO 2025

Ponteatro regresa entre o 20 de febreiro e o 3 de abril con 6 propostas de teatro, danza, humor, xénero musical e monicreques para público adulto.

  • Xoves 20 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘4 x 4’ de Ron Lalá
  • Xoves 27 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘#2Pilgrims’ de Redrum Teatro
  • Xoves 13 de marzo ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘El Verdugo’ de El Espejo Negro
  • Xoves 20 de marzo ás 21h. no Teatro Principal – ‘Reconversión’ de Ibuprofeno Teatro
  • Venres 28 de marzo ás 19h. no Pazo da Cultura – ‘Os miserábeis’ do IES Illa de Ons de Bueu
  • Xoves 3 de abril ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘Ceibe’ da compañía da danza Fran Sieira

Todos os espectáculos terán lugar os xoves ás 21h. a excepción de ‘Os miserábeis’ que, ao formar parte do programa do Salón do Libro, terá lugar ás 19h. do venres 28 de marzo a un prezo de 3 euros.

As restantes propostas contarán co prezo habitual de 8 euros e reducido de 4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos.

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!