Ponteatro: ‘Os miserábeis’ do IES Illa de Ons de Bueu

ven28mar19:00Ponteatro: ‘Os miserábeis’ do IES Illa de Ons de BueuCICLO TEATRAL PARA PÚBLICO ADULTO19:00 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O venres 28 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, o IES Illa de Ons de Bueu porá en escena ‘Os miserábeis’, nunha nova función do ciclo de teatro Ponteatro.

Adaptación propia, integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Víctor Hugo.

A historia, que na súa orixe transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo.

  • Texto orixinal: Víctor Hugo
  • Adaptación: Catuxa López Pato
  • Dirección e dramaturxia: Alumnado e profesorado do IES Illa de Ons
  • Duración: 90 min



PONTEATRO 2025

Ponteatro regresa entre o 20 de febreiro e o 3 de abril con 6 propostas de teatro, danza, humor, xénero musical e monicreques para público adulto.

  • Xoves 20 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘4 x 4’ de Ron Lalá
  • Xoves 27 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘#2Pilgrims’ de Redrum Teatro
  • Xoves 13 de marzo ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘El Verdugo’ de El Espejo Negro
  • Xoves 20 de marzo ás 21h. no Teatro Principal – ‘Reconversión’ de Ibuprofeno Teatro
  • Venres 28 de marzo ás 19h. no Pazo da Cultura – ‘Os miserábeis’ do IES Illa de Ons de Bueu
  • Xoves 3 de abril ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘Ceibe’ da compañía da danza Fran Sieira

Todos os espectáculos terán lugar os xoves ás 21h. a excepción de ‘Os miserábeis’ que, ao formar parte do programa do Salón do Libro, terá lugar ás 19h. do venres 28 de marzo a un prezo de 3 euros.

As restantes propostas contarán co prezo habitual de 8 euros e reducido de 4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos.

Xa está activa a venda en Ataquilla.com tamén do formato abono que oferta o total dos 6 espectáculos a un prezo de 26 euros máis gastos.


Hora

(Venres) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!