'Pontevedra Trail League'

dom12feb(feb 12)00:00dom19nov(nov 19)23:59'Pontevedra Trail League'Deputación de Pontevedra e os concellos da Guarda, O Rosal e Tui(febreiro 12) 00:00 - (novembro 19) 23:59 Deputación de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Un ano máis, a ‘Pontevedra Trail League’ desenvolverase ao longo de todo 2023 en Monte Aloia (Tui), nos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal) e no Monte de Santa Trega (A Guarda).

As tres probas da ‘Pontevedra Trail League’, única liga de trail de montaña de Galicia, teñen unha distancia de entre 18 e 21 quilómetros e están organizadas por NOKO 360 en colaboración coa Deputación de Pontevedra e os concellos da Guarda, O Rosal e Tui.

A primeira das competicións é o Trail do Aloia (Tui, 12 de febreiro), seguida do Trail Muíños do Folón (O Rosal, 5 de marzo) e, por último, o Trail do Trega (A Guarda, 19 de novembro).

Cada unha das probas terá unha clasificación individual por tramos de idade, nas categorías masculina e feminina: sénior, de 18 a 39 anos; veterano/a I, de 40 a 49 anos, e veterano/a II, a partires dos 49 anos.

Hora

Febreiro 12 (Domingo) 00:00 - Novembro 19 (Domingo) 23:59

Localización

Deputación de Pontevedra

Pontevedra

Está pasando!