‘Antonio Palacios. Obra completa’, de Álvaro Bonet López | © Museo de Pontevedra

Presentación do libro 'Antonio Palacios. Obra completa' en Pontevedra

mér13nov19:00Presentación do libro 'Antonio Palacios. Obra completa' en PontevedraÁlvaro Bonet López19:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Museo de Pontevedra publicou este ano o libro ‘Antonio Palacios. Obra completa’, que será presentado o mércores 13 de novembro, ás 19:00 horas, no Edificio Castelao.

Nel, o arquitecto Álvaro Bonet, un dos maiores expertos en Palacios, reúne 239 fichas perfectamente documentadas de obras construídas ou proxectadas polo arquitecto porriñés. Arredor dun cento delas son obras inéditas, ademais de achegar documentación descoñecida sobre outras 40 construcións e proxectos.

Trátase dun volume de 466 páxinas que recolle un gran número de ilustracións en cor, que inclúe fotografías actuais e históricas, planos e debuxos. O libro pretende ser unha obra de referencia para calquera investigadora ou investigador que se achegue no futuro ao legado arquitectónico de Antonio Palacios.

Entrada de balde ata completar aforo.

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!