Presentación de 'Sentinelas no limiar das tebras' en Vigo

ven25abr19:00Presentación de 'Sentinelas no limiar das tebras' en VigoAndrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande19:00 Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

O venres 25 de abril, celebrarase, ás 19 h, na libraría Banda Deseñada de Vigo, a presentación de ‘Sentinelas no limiar das tebras’, de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande.

Segunda parte da saga ‘Sentinelas’ iniciada con ‘Sentinelas da Lúa Carmesí’, a obra que inaugurou a colección Banda Deseñada de Editorial Galaxia, destinada a público infantil e xuvenil.



“Unha historia de fantasía, misterio e mitoloxía galega, onde dous mundos, o real e o fantástico, se entrelazan para ofrecer unha aventura épica. Unha lectura imprescindible para quen goza dos mundos de fantasía e da nosa tradición oral.” (Sara Valcárcel)

Acompañando a Andrés Castro e Alexandre Senande, estará Iris Darriba, xornalista e actriz.

Entrada de balde.

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Concello de Vigo

Está pasando!