‘A fuego lento’ | A Contracorriente Films

Proxección de 'A fuego lento' en Pontevedra

mar10feb18:30Proxección de 'A fuego lento' en PontevedraCiclo de Cine Gastronómico18:30 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Mercado de Abastos de Pontevedra acolle a proxección do filme ‘A fuego lento’ (Tran Anh Hung, Francia, 2023, 135′), dentro do Ciclo de Cine Gastronómico organizado polo Concello de Pontevedra.

Será o martes 10 de febreiro, ás 18:30 horas, enmarcado no proxecto Pontevedra Capital Gastro, unha iniciativa financiada polos fondos NextGenerationEU a través do Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), que busca converter o Mercado no “epicentro da cultura gastronómica” da cidade e nun punto de referencia tanto para a veciñanza como para os visitantes.

Ambientada no mundo da gastronomía francesa en 1885. A relación entre Eugenie, cociñeira de prestixio, e Dodin, o gastrónomo para o que traballa desde hai 20 anos.

Cada vez máis namorados o un do outro, o seu vínculo convértese nun romance e dá lugar a deliciosos pratos que impresionan mesmo aos chefs máis ilustres do mundo.

Ciclo de Cine Gastronómico

O Ciclo de Cine Gastronómico contará con 12 sesións, entre o 3 de febreiro e o 10 de maio. Esta actividade propón unha experiencia inmersiva: as primeiras 30 persoas asistentes recibirán unha degustación vinculada ao filme, seguida da proxección e dun coloquio posterior con restauradores locais.

Establecementos como As Greas, Umani Poke ou Casa Román colaborarán nestes coloquios.

Hora

(Martes) 18:30

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!