Proxección de 'A quimera' en Pontevedra

mér22mai20:30Proxección de 'A quimera' en PontevedraCineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 22 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, proxectarase o filme ‘A quimera’ (Alice Rohrwacher, 2023, Italia, 130 min., VOSE, Lingua orixinal: italiano), nunha nova sesión organizada polo Cineclube Pontevedra.

Inesperado zahorí, Arthur ten o don de localizar ocos baixo a terra. Un atributo que o converte no perfecto buscador de tesouros na rexión italiana que alberga as ruínas da civilización etrusca.

Aínda que o que Arthur anhelaría reencontrar, a quimera que o guía, é a Beniamina, o seu amor perdido.



MAIO 2024

Os novos traballos de Bertrand Bonello, Alice Rohrwacher e Jonathan Glazer, estreadas durante o 2024, conformarán a programación dos martes de maio no Cineclube Pontevedra.

Dos luns de filmoteca será protagonista o alemán Wim Wenders, de quen proxectaremos dúas das súas obras máis emblemáticas: ‘Alicia nas cidades’ e ‘Paris, Texas’, que cumpren respectivamente 50 e 40 anos desde a súa estrea.


Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen está dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!